Os contos de Paco

O martes 19 de xaneiro tivemos a sorte de que Paco Nogueiras viñese facernos unha visita. Non viña cantarnos ningunha das cancións de Brincavai, pero viña de parte da fábrica de libros de Kalandraka para enchernos de ilusións, emocións e fantasías coas súas historias. O alumnado de 2º e 3º viviu historias diferentes. Cheas de novementos, para uns, e de habilidade para outros. 
O pito Cairo, Despois da chuvia ou Imos cazar un oso foron algúns dos contos que puidemos escoitar cos ollos abertos e oídos dispostos. Como non podía faltar un pouco de música, Paco cantounos acompañado do Uquelele algunha canción con poemas de Neira Vilas e Anisia Miranda recollidos no libro Cantarolas.








miércoles, 27 de enero de 2016
Posted by Colexio Reibón

As recomendacións de Rufina para o Nadal (I)

Se Papá Noel, os Reis ou o Apalpador non saben que libros regalarlles aos máis pequenos da casa, aquí vai unha guía moi útil.
jueves, 17 de diciembre de 2015
Posted by Colexio Reibón

As recomencacións de Rufina para Nadal (II)


Rufina recomenda regalar, tamén, libros en Nadal e para iso confeccionou un listado que vos sirvan para as vosas cartas aos Reis, Papá Noel ou o Apalpador.
Velaí van:


miércoles, 16 de diciembre de 2015
Posted by Colexio Reibón

Obradoiro de plástica co alumnado de 4º

Este venres, 27 de novembro, o alumnado de cuarto realizou un obradoiro de plástica destinado a elaborar a sinalización das seccións da biblioteca que se crearon a principios deste curso.

O obradoiro foi impartido por dúas nais de alumnos do colexio. Decoraron as letras coas que se vai distinguir a sección de banda deseñada e prepararon os círculos con información sobre a CDU coa que imos realizar a formación de usuarios e que lles permitirá informarse sobre onde atopar contidos relacionados coas diferentes ciencias.

En sesións posteriores farán a sinalización da mediateca.
O equipo de biblioteca agradece a colaboración destas mamás tan dispostas a entregarnos o seu tempo.

viernes, 27 de noviembre de 2015
Posted by Colexio Reibón

Novidades

Estes son algúns dos títulos novos que acaban de chegar á n osa biblioteca.
Empezamos polo universo? 
Pois si, porque ese é o proxecto deste curso e é importante contar con material de consulta e lectura para poder facer as nosas investigacións.

El universo en tus manos é un libro de aventuras científicas. Conta como Eva non atopa ao seu avó Leonardo no estudo onde traballa, pero ve un estraño aparello que semella unha nave espacial. O avó Leonardo é un inventor e sempre lle explica cousas sobre a ciencia á súa neta.

El universo, un viaje fascinante é, como indica o seu título unha viaxe visual polo universo a través de imaxes, esquemas  e gráficos; a tecnoloxía que posibilita as viaxes espaciais e o estudo dos astros; e, un repaso das teorías astronómicas.

El profesor Astro Cat y las fronteras del espacio está protagonizado polo gato da rúa máis intelixente que nunca se teña visto, posuidor de títulos tan sorprendentes como o de especialista no sol. Quen mellor que el para ensinarnos todo canto queremos saber sobre o sistema solar, a nosa galaxia e o universo?

Esas grandes preguntas sobre el espacio y el tiempo trata de responder a moitas preguntas que todos nos imaxinamos. Pódese viaxar no tempo? Como xurde a luz do sol? Existen os extraterrestres?


¡Mira debajo! El espacio. Un libro para descubrir por que brillan as estrelas, como coñecemos os planetas distantes...
viernes, 6 de noviembre de 2015
Posted by Colexio Reibón

Charla-café: Os nosos fillos, eses marcianos

O vindeiro martes, 10 de novembro, convidámosvos a asistir a esta charla coa psicóloga Carmen Fanjul sobre a autonomía dos nenos e nenas na vida. Aínda que está pensada para pais e nais de infantil e 1º de primaria, se tendes intrerese podedes asisitir.
Lenbrade o martes, 10 de novembro ás 17 horas.


jueves, 5 de noviembre de 2015
Posted by Colexio Reibón

Estamos de volta

A Reibonteca está en marcha un ano máis para seducirnos na emocionante aventura de ler. 
Alédanos informarvos que estará aberta os MÉRCORES E VENRES de 9,15 a 10Lembrade que non precisades carné.
domingo, 11 de octubre de 2015
Posted by Colexio Reibón

Axudantes febreiro

María García

Samuel Seijas

Ainvar curra

Alba Parada

Emma Gayo

Iria del Río

Zulay

Marcos

Gael Coello

Vera Tenorio

Biblioteca de Reibón

Biblioteca de Reibón

Préstamos ás familias

Préstamos ás familias
Mércores e venres

Seguidores

Criaturas

Criaturas
Revista de liteeratura infantil

Blog Archive

About Me

Mi foto
Colexio de educación infantil E primaria. Meira-Moaña. Pontevedra Telf. 986.311.885

Club de lectura

Club de lectura
Con la tecnología de Blogger.
.
.

Ola, estás no blog da biblioteca do CEIP de Reibón. Es benvid@

Sample text

Sample Text

Social Icons

.

Recent Comments

- Copyright © O blog de Rufina -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -